Aquí publicaremos, segundo se vaian confirmando, os nomes dos profesores e profesoras que participarán no Merza Percusión 2022.
Aquí publicaremos, segundo se vaian confirmando, os nomes dos profesores e profesoras que participarán no Merza Percusión 2022.
Nick Woud é timbaleiro da Royal Concertgebouw Orchestra de Ámsterdam e profesor de timbais no Conservatorium van Amsterdam e estará impartindo clases de timbais na modalidade Merza Avanzado. Tamén dará unha clase grupal para as alumnas do Merza Percusión.
Percusión Solista e Axuda de Timbal da Bilbao Orkestra Sinfonikoa, formouse no CPM Alicante, CSM País Vasco e na ESMUC. Colaborou coa Orquesta Sinfónica de Euskadi, de Barcelona, de Castela e León, Filarmonía de Galicia… Membro de Bilbao Sinfonietta, Aiko Taldea e o duo Perkusbika.
Irene Visos formouse en danza africana, afrobrasileira e danza percusiva. Formou parte de proxectos artísticos, foi coordinadora da Escola Prucupá e participou en diferentes proxectos formativos.
Especializado en música contemporánea, colabora cos ensembles Container, Vertixe Sonora, GAME, Arxis, Insitu… e con distintas orquestras. Actualmente traballa no CMUS de Verín, coordina o festival “VibraVerín” e codirixe Pulso Ensemble. Será profesor de Música de Cámara no Merza Avanzado.
Cursou o Grao Profesional de percusión no CMUS Santiago e posteriormente os Estudos Superiores de Jazz na ESML Lisboa. A súa experiencia na capital na portuguesa amosoulle novos camiños artísticos máis aló das fronteiras do jazz. Compaxina diferentes proxectos musicais coa docencia.
Graduado en Percusión clásica. Formouse na Banda de Salceda, CMUS Santiago e CMUS Coruña. Colabora coa Filarmonía de Galicia, Orquestra Sinfónica de Galicia, de Bilbao e Banda da Coruña; e en proxectos como Nova Galega de Danza ou Abraham Cupeiro. Compaxina docencia con máis proxectos.
Andrés formouse en percusión africana e brasileira e formou parte de diferentes proxectos ó longo da súa carreira. É director artístico de Latexo Percusión e conta cunha ampla experiencia impartindo talleres en festivais e para diferentes colectivos.
Percusionista freelance que colabora habitualmente con orquestras como a Sinfónica de Galicia, Bilbao Orkestra Sinfonikoa, Orquesta Ciudad de Granada. Estudou no Conservatorio van Amsterdam, foi academista da NedPhO e colaborou con orquestras como a Royal Concertgebouw Orchestra.
Percusionista clásica e tradicional licenciada pola ESM de Lisboa. De volta en Galicia estuda no CSM de Vigo e interésase pola música electrónica formando MEL con Lucas de Centi. Colabora en proxectos como o grupo de pop electrónico NÉBOA, o dúo SACHOS, a Orquestra Clásica de Vigo e máis!
Percusionista especializado en música contemporánea. Profesor de marimba e repertorio solista Conservatorio Superior de Castilla y León. Galardoado en concursos nacionais e internacionais. [Merza Avanzado]
É un dos baterías máis solicitados, creativos e versátiles da escena nacional. Nos máis de 20 anos de experiencia, chega aos 2000 concertos, máis de 60 gravacións e infinidade de cursos e masterclases. Cunha linguaxe persoal, un compromiso co groove e un enfoque falto de prexuizos.
Percusionista da Orquesta Ciudad de Granada. Membro do ensemble de música contemporánea Neoars. Entre os próximos proxectos está a participación coa orquestra Spira mirabilis e Brillante Negro Bello Claro xunto a Irene G. Quero e Ángela Segovia.
Músico e actor, conta con máis de 20 anos de experiencia nos escenarios. Comeza a traballar con Fran Rei (cómico e director teatral) en 2017. Saaabor!!! (Premio do Público no Festiclown 2018, e co que levan preto das 200 representacións) foi o seu primeiro espectáculo.
Cómico e director teatral, conta con máis de 20 anos de experiencia nos escenarios. Comeza a traballar con Félix Rodríguez (músico e actor) en 2017. Saaabor!!! (Premio do Público no Festiclown 2018, e co que levan preto das 200 representacións) foi o seu primeiro espectáculo.
Percusionista freelance afincada en Barcelona. Fórmase nos conservatorios de Valencia, Estocolmo e na ESMUC. Actualmente colabora con diferentes orquestas como o Teatro do Liceu ou a Orquesta Sinfónica de Baleares. Será profesora de Música de Cámara do Merza Avanzado.