Loading...

Noticias

Non tes moi claro a que modalidade apuntarte? Esto tes que saber!

Este ano contaremos con dúas modalidades de curso: o Merza Percusión de sempre e o Merza Avanzado. Contámosche cal é a que mellor se axusta a ti.

  • Se estás en Grao Superior, Máster ou xa acabaches os estudos > Merza AVANZADO. Recorda que dentro desta modalidade podes escoller entre ser alumn@ ACTIVO ou OÍNTE.
  • Se estás en Grao Elemental, ou de 1º a 4º de Grao Profesional > Merza Percusión.
  • Se rematas este ano o Grao Profesional e vas facer probas de acceso ao Superior > Merza AVANZADO. Escolle a modalidade ACTIVO ou OÍNTE.
  • Se rematas este ano o Grao Profesional ou o remataches hai pouco pero non vas continuar co Superior e queres ter unha participación máis activa tocando en ensemble, recomendámosche que te apuntes ao > Merza PERCUSIÓN.
  • Se estás en 5º de Grao Profesional, vas facer as probas a Superior o ano que ven e queres inscribirte no Merza Avanzado escribe un mail a merzaavanzado@gmail.com para apuntarte na lista de espera. O día 2 de xuño, se quedan prazas dispoñibles, adxudicarémolas aos alumnxs de 5º de Grao Profesional por orde na lista de espera.
  • Se estás en 5º de Grao Profesional, pero este non é o teu caso > a túa modalidade é Merza PERCUSIÓN