Loading...

Noticias

Merza Avanzado, nova modalidade do Merza Percusión

Está dirixida a alumnas e alumnos de 6º de Grao Profesional, Grao Superior e Máster, e percusionistas que xa remataron os estudos.

O curso Merza Percusión non deixa de argallar novas propostas. Para este 2021 presenta unha nova modalidade: Merza Avanzado, enfocado a alumnado de grao superior, Máster e 6º de grao profesional que poderá escoller entre dúas opcións: ser alumnado activo ou oínte.

O Merza Avanzado conta coa dirección artística dos percusionistas Irene Rodríguez (Galicia) e Noè Rodrigo (Baleares), que estarán acompañados por catro profesores especialistas que se irán coñecendo ao longo das vindeiras semanas.

Clases individuais, grupais, sesións grupais de técnica, clases maxistrais, clases de música de cámara e asistencia a todos os concertos do Festival Internacional de Percusión, o cal se celebra en paralelo ao curso.

Para máis información, pincha no idioma que prefiras: GALEGOCASTELLANO