Loading...

INSCRICIÓN

DATAS
O periodo de inscrición do Merza 2022 está aberto dende o 2 de maio ao 10 de xuño.

FORMULARIO

A solicitude de inscrición faise completando o formulario que atoparedes pinchando AQUÍ

PROCEDEMENTO
Unha vez completes o formulario, nun prazo máximo de 48 horas, recibirás unha resposta. En caso de ser aceptada a túa solicitude, para confirmar a praza terás que facer unha transferencia bancaria polo importe da matrícula segundo a modalidade que escollas.

IMPORTE

Modalidade MERZA PERCUSIÓN
1) Só o curso: 120€
2) Curso + aloxamento + manutención: 120+130= 250€

Modalidade MERZA AVANZADO
1) Alumna/o Activo. Só o curso: 180€
2) Alumna/o Activo. Curso + aloxamento + manutención: 180+130= 310€
3) Alumna/o Oínte. Só o curso: 150€
4) Alumna/o Oínte. Curso + aloxamento + manutención: 150+130= 280€

 

 

QUE MODALIDADE ESCOLLER?

Como segundo ano consecutivo, contamos con dúas modalidades de curso: o MERZA PERCUSIÓN e o MERZA AVANZADO. A continuación contámosche cal é a que mellor se axusta a ti:
– Se estás en Grao Superior, Máster, ou xa acabaches os estudos MERZA AVANZADO . Recorda que dentro desta modalidade podes escoller entre ser alumna/o ACTIVA/O ou OÍNTE.
– Se estás en Grao Elemental, ou de 1º a 4º de Grao Profesional MERZA PERCUSIÓN.
– Se rematas este ano o Grao Profesional e vas facer probas de acceso ao Superior MERZA AVANZADO . Escolle a modalidade ACTIVO/A ou OÍNTE.
– Se rematas este ano o Grao Profesional ou o remataches hai pouco pero non vas continuar co Superior e queres ter unha participación tocando en ensemble, recomendámosche que te apuntes ao   MERZA PERCUSIÓN.
– Se estás en 5º de Grao Profesional e vas facer as probas a Superior o ano que ven, podes apuntarte ao MERZA AVANZADO como alumno/a OÍNTE. Se unha vez rematado o prazo de inscricións quedan prazas dispoñibles, poderás apuntarte tamén como alumno/a activo/a.
– Se estás en 5º de Grao Profesional, pero este non é o teu caso, a túa modalidade é MERZA PERCUSIÓN.